Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 16:49
A organización ecoloxista Arco Iris alertou de que o cambio climático "disparará" a superficie de eucalipto, que, afirma aludindo a datos do congreso forestal español, podería "aumentar de forma espectacular". "Sería a única comunidade do norte de España onde o eucalipto mantería unha expansión desbocada", alerta a organización que contrapón esta situación a Asturias, Cantabria e País Vasco.
Neste sentido, sinala que a superficie ocupada por eucalipto "multiplicouse por 4,6 nos últimos 50 anos". "Non entanto, as diferenzas entre as distintas comunidades autónomas son moi importantes". "Así, a superficie ocupada por eucaliptos incrementouse por 11,29 en Galicia", recalca Arco Iris que apela á necesidade de medidas neste ámbito, entre elas que a moratoria de novas plantacións sexa considerada indefinida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.