A Xunta acusa a Goretti Sanmartín de querer "multiplicar por catro" os fondos que recibe Santiago por ser capital

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/09/2023 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Aínda non tivo lugar o primeiro encontro institucional entre Alfonso Rueda e a nova alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, pero vese que as posicións están moi encontradas. O presidente galego dixo que se entera pola prensa das propostas da alcaldesa, entre elas, a intención de pedir que se aumente a 8,6 millóns o fondo da Xunta a Santiago por ser a capitalidade galega.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, á súa chegada á tradicional ofrenda ao Apóstolo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, á súa chegada á tradicional ofrenda ao Apóstolo | Fonte: César Argina - Europa Press - Arquivo

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda lembrou que a Xunta sempre contribuíu aos gastos de Santiago por ser a capital, "e seguirá facéndoo". Pero considerou excesivo o que pide Sanmartín, que "multiplica por catro" a cantidade actual, dúas veces máis do que xa pedía Bugallo, lembrou. 

"Se hai que discutir unha cifra o lóxico é facelo no órgano pertinente, pero ata que non saiba a que ven esta proposta non podo dicir", criticou por non agardar a esa xuntanza institucional para falar desta cuestión. "Eu vouna escoitar e propoñerlle as miñas propostas", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta