A alcaldesa da Coruña reivindica o papel das mulleres empresarias nun encontro nacional do sector
"A Coruña é hoxe o motor económico de Galicia grazas aos seus empresarios pero tamén ás empresarias, ás que lideran grandes multinacionais ou pequenas tendas de barrio e que dinamizan a cidade", expuxo nun encontro organizado pola Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (Fedepe) e a Asociación de Empresarias da Coruña (Aeco).
Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/09/2023 | Actualizada ás 15:39