Acceso á vivenda e homologación de títulos para os retornados de Venezuela

A Xunta acorda novas accións en apoio aos retornados nunha reunión coa Federación Venezolana de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/10/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este martes en Ourense un encontro co presidente da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), Manuel Pérez, e os responsables das distintas asociacións que conforman esta entidade en Galicia, co obxectivo de planificar novas accións de apoio, tanto formativas como de orientación, para os galegos retornados.

Durante unha reunión na que tamén estiveron presentes os voluntarios activos que prestan servizo nesta entidade, Miranda recolleu as inquietudes actuais da colectividade e tamén as principais problemáticas que se están atopando os retornados a Ourense, como poden ser cuestións relativas á vivenda ou á homologación de títulos.

Rodríguez Miranda lembrou que a colaboración da Xunta con FEVEGA posibilita a información a retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración. Conta tamén cunha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia.

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito galego que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. O seu labor de información xurdiu en 2017 da man da Xunta de Galicia, atendendo xa, desde o seu inicio a máis de 12.500 usuarios.

Reunión de Rodríguez Miranda con Fevega. XUNTA
Reunión de Rodríguez Miranda con Fevega. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta