Seguimento de exemplares de lobo mediante GPS

O DOG publica as axudas concedidas para a produción e comercialización de produtos apícolas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Un total de 40 persoas entre técnicos e axentes facultativos ambientais asistiron na Estrada á primeira edición da xornada teórico-práctica sobre a metodoloxía de seguimento de lobos mediante dispositivos GPS, organizada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Durante a inauguración do curso, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, enmarcou a iniciativa no plan de xestión do lobo en Galicia, en vigor desde o ano 2009. 

Xornada de formación sobre o lobo
Xornada de formación sobre o lobo | Fonte: XUNTA

Mediante o mesmo, prevese a realización de programas de seguimento periódicos da especie para poder obter datos crave sobre a súa distribución e aspectos poboacionais "e, na medida do posible, taxas de natalidade e mortalidade e tamaño de grupo, entre outros". Neste sentido, Do Campo lembrou tamén que o estudo da poboación do lobo ibérico en Galicia 2014-2020 recolle diferentes propostas metodolóxicas para o seu seguimento na Comunidade, entre elas, a marcaxe de exemplares con colar con GPS.

AXUDAS AO SECTOR APÍCOLA

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas convocadas pola Consellería de Medio Rural para mellorar as condicións xerais da produción e comercialización dos produtos apícolas, enmarcada na Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC).

Esta liña de axudas reforzouse, segundo a administración autonómica, ampliándose de 1,3 millóns de euros a máis de 1,4 que se lle concederon a 25 beneficiarios, nos que se inclúen asociacións apícolas, sociedades e produtores autónomos, destinado a formación ou asesoramento, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta