O persoal de limpeza en Lugo reclama cobrar o SMI real mentres a patronal garda silencio

Traballadoras e traballadores do sector da limpeza na provincia de Lugo iniciaron unha folga indefinida o pasado 15 de outubro. As empresas, maioritariamente grandes compañías con sede en Madrid, non deron resposta ás peticións presentadas nunha reunión entre as partes o 27 de xuño de 2023. O silencio patronal levou á mobilización e que os sindicatos denuncien a complicidade da Xunta por decretar un 100% de servizos mínimos.

Por Moncho Mariño | Lugo | 24/10/2023 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia