Véndese a empresa de transporte Arriva a un fondo americano por 1.600 millóns de euros

A famosa empresa de transportes cambia de donos e a transacción espera pecharse en 2024.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/10/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Deutsche Bahn (DB), a operadora ferroviaria pública alemá, chegou a un acordo co fondo I Squared Capital para a venda por uns 1.600 millóns de euros do operador británico de transportes Arriva, propietario dos icónicos autobuses londinienses e presente desde 1999 en España, onde adquiriu a Empresa de Blas ou Autos Carballo (Aucasa) e a súa filial Santiaguesa Metropolitana.

A transacción, que espera pecharse en 2024, contempla a venda ao fondo estadounidense de todos os negocios operativos de Arriva. A empresa de transportes, tras máis de 20 anos no mercado español, dá servizo no mercado español a máis de 40 millóns de viaxeiros cada ano.

Autobuses de Arriva nunha estación de transporte de pasaxeiros
Autobuses de Arriva nunha estación de transporte de pasaxeiros | Fonte: GIC

IMPRESIÓNS 

O director financeiro de Deutsche Bahn, Levin Holle manifestou que "a venda a I Squared brindará a Arriva novas opcións para apoiar o seu potencial de crecemento, por exemplo para a futura electrificación das frotas europeas". Pola banda de Arriva, o  seu conselleiro Mike Cooper afirmou que a venda a I Squared "é unha gran oportunidade para Arriva e o comezo dun novo capítulo importante para o negocio"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta