O soldo de Rueda sobe un 0,5 %, chegando case ata os 83.250 euros

O gasto en persoal eventual do Goberno galego para o ano que vén sobe case un 10 % no proxecto de orzamentos para 2024, ata situarse en 6,81 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2023 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O gasto en persoal eventual do Goberno galego para o ano que vén sobe un 0,4% no proxecto de orzamentos para 2024, ata situarse en 6,81 millóns de euros (eran 6,78 millóns o ano pasado).

Os orzamentos da comunidade autónoma para 2024, que entregou este venres o conselleiro de Facenda no Parlamento, ascenden un 5% respecto dos vixentes, ata 13.257 millóns, polo que a Xunta reivindica que son os "máis altos da historia".

Segundo recolle Europa Press, os soldos dos membros do Executivo increméntanse un 0,5%. Así, o presidente galego, Alfonso Rueda, pasará a cobrar 83.247,72 euros o exercicio próximo, un 0,5% máis. Os dous vicepresidentes cobrarán tamén un 0,5% máis o ano que vén, ata 72.655,8 euros, que será a mesma contía que perciban os conselleiros unha vez aprobados estes orzamentos. No proxecto de 2023, as nóminas do titular da Xunta e dos conselleiros repuntaban un 4%.

O titular do Goberno galego preside a reunión do Consello da Xunta
O titular do Goberno galego preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta