Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2023 | Actualizada ás 19:46
Máis de 400 mulleres déronse cita este sábado en Santa Comba para celebrar o Día internacional das Mulleres Rurais, onde aproveitaron para reivindicar o seu "papel esencial". O evento, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), centrouse nesta edición en analizar o papel do colectivo no ámbito deportivo.
Un ámbito no que, segundo destacou Fademur, o 50% dos mozos que participan en actividades deportivas escolares son nenas, pero a presenza de mulleres "vaise reducindo segundo se avanza cara a categorías máis altas ata quedar reducida a un 24%".
Neste contexto, Fademur fixo un chamamento para que as administracións tomen conciencia desta realidade e traballen activamente para apoiar ás mulleres rurais que practican deporte, fomentar esa participación e avanzar cara á igualdade.
ENTREGA DE RECOÑECEMENTOS
Fademur Galicia aproveitou esta celebración para realizar a súa entrega de recoñecementos a mulleres destacadas en diversos ámbitos polo seu compromiso co feminismo e o desenvolvemento das mulleres rurais. Este ano, a xornalista Emma Araújo foi a galardoada pola súa achega ao mundo da cultura, a lingua e a comunicación.
o recoñecemento ao compromiso coa igualdade e o medio rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.