Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/10/2023 | Actualizada ás 11:29
A senadora do BNG, Carme da Silva, enviou este martes unha carta ao presidente do Senado, Pedro Rollán, na que lle acusa de realizar un "comportamento partidista" pola súa reunión coa embaixadora de Israel e non facelo co seu homólogo de Palestina.
Na súa misiva, a parlamentaria do BNG lembra que Pedro Rollán é a cuarta autoridade do Estado e que "debe exercer o cargo con ecuanimidade porque, pola contra, estará a actuar cunha dobre moral difícil de entender e de explicar". "Non pode haber vítimas de primeira e vítimas de segunda" denuncia.
"Esperamos que teña en conta estas consideracións e opte por establecer unha axenda baixo criterios de ecuanimidade, incluíndo nos seus encontros ao embaixador de Palestina, e evitando dar a sensación de parte nun contexto mundial de grave preocupación e onde a mediación debe ser o camiño a seguir", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.