Pontón acusa a Rueda de que Galicia "perda millóns" polo seu "pimpampum inútil" contra o Goberno

"Este país merécese un presidente e non un delegado do señor Feijóo en Galicia", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2025 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, censura o "pimpampum inútil" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, contra o Goberno central, "no canto de defender mellor os intereses de Galicia".

A preguntas da prensa tras queixarse Rueda da "coincidencia recorrente" de que os ministros visiten Galicia os luns, día de Consello da Xunta (aínda que a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, está este mércores na Coruña), Pontón acusou a Rueda de ser "desleal con Galicia", xa que "o que está a facer é seguir o que lle manda o seu xefe de filas desde Madrid, Feijóo".

Así, referiuse a a "irresponsabilidade" de que "se negue" a unha quita da débeda que "negociou o BNG", segundo di, "única e exclusivamente porque se nega o señor Feijóo desde Madrid". "Esta submisión que lle ordenan desde a rúa Xénova o que está a provocar que Galicia perda millóns de euros", reprocha Pontón. "Unha irresponsabilidade", resume. "Este país merécese un presidente e non un delegado do señor Feijóo en Galicia", concluíu en declaracións en Santiago.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta