O Sergas incrementa o orzamento destinado a entidades sociais ata os 11,6 millóns de euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2023 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incrementará ata os 11,6 millóns de euros en 2024 o orzamento dedicado a entidades sociais de atención á drogodependencia, saúde mental e asociacións de pacientes, o que supón un incrmeneto do 14 % respecto ao vixente exercicio.

Segundo explican nun comunicado, no marco do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, que se conmemora o 26 de outubro, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este martes a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, que na convocatoria de subvencións de 2023 recibiu 12.000 euros para o seu programa de fisioterapia que beneficiou a 100 persoas con esta lesión.

Con esta axuda, sinalan, a entidade pretende fomentar a autonomía das persoas con dano cerebral adquirido, previr a deterioración das súas capacidades físicas e apoiar ás familias das persoas coidadoras no manexo de estratexias para o mantemento das capacidades da persoa e garantir a prevención da deterioración. Segundo os resultados de Sarela con respecto á pasada edición, un 57 % dos participantes melloraron a súa autonomía e o 40 % mantivo as súas capacidades físicas.

AXUDAS POR VALOR DE 250.000 EUROS

Na edición de 2023, a Xunta entregou 40.000 euros a entidades dedicadas ao dano cerebral adquirido, parálise cerebral e epilepsia, en concreto, á mencionada Sarela, APAMP, Adaceco da Coruña e Asociación de Dano Cerebral de Vigo Alento.

Na categoría de enfermidades neurodexenerativas (incluíndo alzhéimer, demencias e párkinson) recibiron 110.000 euros as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de Ourense, Viveiro e Chantada, ademais de Afaga, Afan, Agadea, laAsociación ourensá de esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras (AODEMPER), a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) e Asociación galega de esclerose lateral amiotrófica (Agaela).

Para desenvolver programas relacionados co trastorno do espectro autista, destináronse 60.000 euros ás actividades da Asociación Autismo Bata, Federación Autismo Galicia, Asociación Autismo Ourense, Aspaneps, Apacaf e Aspanaes na Coruña. No caso das enfermidades raras e linfedema, a Administración autonómica subvencionou con 40.000 euros os programas da Federación Galega de enfermidades raras e crónicas Fegerec, a Asociación Galega de Hemofilia Agadhemo, a Asociación Galega de FibroseQuística e a liga reumatolóxica galega de loita contra ou reumatismo.

De forma global, nas catro categorías, o Sergas subvencionou o traballo de entidades de pacientes con achegas que sumaron 250.000 euros.

O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos
O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta