Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 14:10
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, sinalou que case 200 estudantes de 84 centros compiten, durante tres días, en 24 especialidades de FP no sétimo Campionato Galego de Formación Profesional 'Galiciaskills 2023'.
Así o fixo na inauguración do evento, á vez que destacou o orzamento autonómico para estes ensinos cun investimento de case 30 millóns de euros. Rodríguez explicou que unha das novidades derivadas desa contía será a eliminación das taxas do procedemento de Acreditación de Competencias Profesionais. Así,os traballadores para acreditar a experiencia profesional de ciclos de FP poderán facelo "de forma gratuíta" o que suporá, segundo o conselleiro, un aforro estimado de 86 euros por cidadán.
A cita desenvolverase en 24 competicións en diferentes especialidades nas que o alumnado, con apoio dos seus titores, demostrarán as súas destrezas mediante a realización de diferentes probas de habilidade e coñecementos da súa área de formación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.