Cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións de Pontevedra, Lugo e Ourense

O goberno galego aclarou que non afecta ás persoas, nin pola picadura, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo dos produtos de exemplares afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A Xunta declarou cinco novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en explotacións bovinas das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense. No concello ourensán da Mezquita detectaron un; tres na de Lugo, nos concellos de Guitiriz, A Pastoriza e Taboada; e o primeiro foco da provincia de Pontevedra no concello de Vila de Cruces.

Salvo no caso da explotación de Guitiriz, con catro bovinos afectados, no resto de casos só un animal do total dos bovinos presentes na explotación presentaba sintomatología compatible coa enfermidade. Nos 13 focos notificados por Galicia ata a data, noutras tantas comarcas veterinarias da comunidade, ata o momento rexistraron a morte de 10 vacas por mor da EHE.

Ante isto, a Xunta sinalou que esta é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente mediante a picadura de mosquitos do xénero Culicoides. A única vía de contaxio nos animais é a mediante a picadura de mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. O goberno galego aclarou que esta doenza non afecta ás persoas, nin pola picadura, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal de exemplares afectados.

Unha vaca dunha gandaría de lácteo en Sabadelle
Unha vaca dunha gandaría de lácteo en Sabadelle | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta