O caso do lobishome galego a debate 150 anos despois

Manuel Blanco Romasanta foi acusado de asesinar a nove persoas. Foi condenado a morte aínda que a raíña española Isabel II concedeulle conmutoulle o castigo polo de cadea perpetua.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/06/2015 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Manuel Blanco Romasanta, o único home xulgado por licantropía en España, xa ten unha nova historia. A súa historia oficial. E é que o Arquivo do Reino de Galicia acaba de presentar un libro no que se dá conta en detalle do seu xuízo, que tivo lugar en Galicia a mediados do século XIX.

Suposto aspecto de Manuel Blanco Romasanta
Suposto aspecto de Manuel Blanco Romasanta

En 1852, un xulgado da localidade ourensá de Allariz abriu o proceso contra Manuel Blanco, coñecido na súa vida diaria tamén como "Tendero" ou "Lobishome" pola súa traxectoria criminal.

Dous anos máis tarde, a Audiencia Territorial da Coruña condenouno a pena de morte, aínda que posteriormente se conmutou este castigo polo de cadea perpetua tras un indulto da entón raíña de España Isabel II.

En total atribúenselle nove homicidios ao condenado, que foi acusado de licantropía nun caso único en España que tivo eco en todo o mundo, até o punto de que o seu avogado defensor, Manuel Rúa Figueroa, publicou un expediente xudicial en 1859 cos detalles que considerou máis significativos.

Agora, o Arquivo do Reino de Galicia recupera ese volume nunha edición facsimilar titulada "A causa contra Manuel Blanco 'O home lobo'. Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña".

A obra busca "achegar a todos os interesados as fontes orixinais do proceso" coa "reprodución íntegra de todas as declaracións", tema que se recuperou en 1929 da man de Vicente Martínez-Risco no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega: "Un caso de licantropía, Manuel Blanco Romasanta".

De feito, no proceso destácase como o avogado que defendeu ao reo, e que reúne todos os datos desta edición facsimilar, "fixo unha defensa apaixonada" e "loitou polo seu indulto cando chegou a primeira pena de morte por garrote" até conseguir que se conmutara pola cadea perpetua.

Trátase dun caso "estudado desde todos os puntos de vista posibles", desde o xudicial, até o médico ou o social e, agora, "todos os interesados poderán ler o extracto do documento de defensa".

O libro ao final inclúe un disco compacto coa causa completa, pois o relato é parcial ao escoller a parte da que no seu día se encargou da defensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 DigoEu

"Aínda que concedeuLLE", non. Aínda que LLE concedeu.