Os catro tripulantes do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros xa foron rescatados das pedras e trasladados ao hospital

Debido ao mal estado do mar non se puido efectuar o rescate por mar, así que procedeuse ao rescate por aire, levado a cabo polo helicóptero Pesca I da Xunta de Galicia.

Por Ángela Precedo | A CORUÑA | 31/10/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O mal estado do mar este martes puido causar unha desgraza na costa de Muros. Ás 10.25 horas un pesqueiro que faenaba pola zona informou a Salvamento Marítimo de Fisterra de que outro pesqueiro con catro tripulantes a bordo, chamado 'Nuevo Abeijón' (con porto base en Noia), estaba moi preto das rocas en O Neixón, en Monte Louro, achegándose cada vez máis perigosamente, segundo confirman a Galicia Confidencial fontes de Salvamento Marítimo.

Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023 | Fonte: QPC

Outros pesqueiros estaban xa dirixíndose á zona para prestar asistencia, pero as condicións adversas do mar facían imposible achegarse. No centro de Salvamento Marítimo de Fisterra os controladores marítimos mobilizaron á Salvamar Regulus, unha embarcación de salvamento, e tamén se deu aviso ao helicóptero Pesca I de Gardacostas de Xunta de Galicia, que logrou efectuar o rescate.

Outro pesqueiro comunicou ao centro de Fisterra que os catro tripulantes se atopan a salvo nas pedras, pois lograron saír do barco, como confirman as mesmas fontes consultadas de Salvamento Marítimo. Con todo, a Salvamar Regulus informou de que o pesquero afundira e que o rescate polo medio mariño era moi complicado, pois debido ao temporal marítimo non era sinxelo achegarse ás pedras nas que se atopaban os catro tripulantes.

Deste xeito, Salvamento confirma que o rescate se tivo que facer por aire e correu a cargo do helicóptero Pesca I da Xunta. As mesmas fontes aseguran a Galicia Confidencial que as catro persoas rescatadas foron trasladadas ao Hospital do Barbanza, situado en Ribeira. No operativo, coordinado desde a central de Salvamento Marítimo, tamén participou a aeronave Helimer 401.

Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023 | Fonte: QPC
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023 | Fonte: QPC
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023
Imaxe do pesqueiro afundido fronte á costa de Muros a 31 de outubro de 2023 | Fonte: QPC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta