A creación de empresas dispárase un 43 % en Galicia en outubro, co comercio liderando

Galicia rexistrou a constitución de 314 sociedades mercantís en outubro, o que supón 94 máis (+ 42,7 %) que no mesmo mes de 2022, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a constitución de 314 sociedades mercantís en outubro, o que supón 94 máis (+ 42,7 %) que no mesmo mes de 2022, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. Así mesmo, estas 314 sociedades mercantís son 37 máis que no mes anterior, setembro. O capital medio subscrito polas empresas constituídas ascende a 29.652 euros.

Por outra banda, 82 empresas ampliaron o seu capital social (tres máis que hai un ano) por valor de 18,6 millóns. As provincias da Coruña e Pontevedra, como habitualmente, lideran a creación de empresas, co 44,6 % e o 41 %, respectivamente. O 7,6 % foron en Ourense e o 6,7 % en Lugo. Case todas as empresas constituídas en outubro en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O 72,5 % dos socios foron homes.

O 23,6 % das empresas creadas en outubro pertecen á rama do comercio. Séguenlle: hostalaría (15,3 %), construción (13 %) e servizos (9,9 %). Por outra banda, disolvéronse 89 sociedades mercantís en Galicia, 16 máis que o mes anterior e sete máis que un ano antes. Mentres, 18 reduciron capital social en outubro. Ademais, houbo seis procedementos de fusión e unha escisión.

Unha muller observa o escaparate aceso dun comercio
Unha muller observa o escaparate aceso dun comercio | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta