Galicia continúa en setembro sendo a única comunidade por debaixo dos 50 céntimos por litro de leite

A perda de produtores lácteos non para: son un total de 5.759 en Galicia, 33 menos que en agosto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O prezo de litro de leite que venden os produtores galegos situouse de media en 48,9 céntimos en setembro --eran 49 céntimos en agosto--, de forma que a comunidade segue sendo a única por baixo de 50 céntimos en España, onde a media se atopa en 51,5 céntimos.

Tras sufrir unha caída de 10 céntimos no prezo respecto de comezos de 2023, o dato galego prosegue como o máis baixo de todo o país. Contrasta cos 54,2 céntimos por litro que se pagan na veciña Asturias. Mentres, a perda de produtores lácteos non para: son un total de 5.759 en Galicia, 33 menos que en agosto. Supoñen o 56,6% do total de 10.157 gandeiros con entregas en España. Pola súa banda, as entregas redúcense a 242.138 toneladas en Galicia en setembro, unhas 9.000 menos que as realizadas no mes de agosto.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, en Chantada.
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, en Chantada. | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta