Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 19:41
Avogados e procuradores están convocados a unha folga, de ámbito estatal, a partir do 21 de novembro, promovida polo sindicato de letrados Venia e co respaldo en Galicia do movemento Marea Negra.
O obxectivo é reclamar mellores condicións laborais para os avogados que se dedican á quenda de oficio, aínda que a convocatoria faise extensiva a todos os profesionais que queiran sumarse.
En declaracións a Europa Press Rosa Lozano, delegada en Galicia do sindicato Venia e portavoz da plataforma Marea Negra, recalcou que é "unha folga indefinida de avogados e procuradores en toda España tras a aprobación en asembleas", sinalou para destacar, ademais, o respaldo obtido nas celebradas en Galicia.
Entre as súas demandas, está a regulación xurídica do profesional da quenda de oficio, retribucións "dignas" abonadas en "tempo e forma e o abono da totalidade das actuacións realizadas, así como unha formación gratuíta.
Tamén demandan o dereito á conciliación, descanso e desconexión dixital, redución da carga burocrática ou campañas de sensibilización para "dignificar" a profesión, entre outras solicitudes expostas ás administracións.
Sobre a duración da folga, insisten en que é de carácter indefinido, aínda que se abren á posibilidade de desconvocatoria se se atenden as súas demandas e previo acordo nas asembleas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.