Asaga alerta de "funestas consecuencias" para o agro galego se se aproba a Lei de Restauración da Natureza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) alerta de "funestas consecuencias" se o Parlamento Europeo aproba a Lei de Restauración da Natureza.

Nun comunicado, critica que o negociador principal nos trílogos e relator da proposta de lei, o eurodeputado socialista César Luena, "reintroduciu os ecosistemas agrícolas no texto, que xa foran rexeitados pola maioría de deputados da Eurocámara o pasado 27 de xuño".

Esta situación, unido á estratexia 'da granxa á mesa' e o regulamento de uso sustentable de fitosanitarios "creará un escenario insustentable para o campo galego, español e europeo".

Así, o presidente de Asaga, Francisco Belo, avisa de que se volve a situar no centro do regulamento numerosas disposicións "pouco realistas e sen orzamento previsto", as cales "pasarán factura aos agricultores".


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita este martes á Central Agropecuaria de Galicia Abanca
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita este martes á Central Agropecuaria de Galicia Abanca | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta