"Rueda escoita, o ensino está en loita", profesores denuncian o acordo "low-cost" de cocientes e horarios

CIG, CSIF e STEG continúan as súas protestas nas sete cidades galegas cun manifesto que reclama "melloras reais", como unha "subida lineal" de salarios.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 14/11/2023 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

Centos de profesores participaron este martes nas novas protestas convocadas nas sete principais cidades galegas polos sindicatos CIG, CSIF e STEG contra o acordo "de renuncias e de melloras 'low-cost'", segundo denuncian, que asinaron o pasado 11 de outubro a Xunta e tres dos catro sindicatos na mesa sectorial docente non universitaria (CCOO, ANPE e UGT) para reducir cocientes e horario lectivo a partir do próximo curso 2024/25.

Estas concentracións, que se sucederon desde as 19,00 horas en Santiago, Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol, forman parte do calendario de mobilizacións para rexeitar este acordo que non asinou a CIG-Ensino, sindicato maioritario da educación pública en Galicia.

Estas accións, xunto coas folgas de profesores do 24 de outubro --xa celebrada-- e a do próximo 28 de novembro, tamén contan co apoio de CSIF e STEG. Na capital galega, ao redor dun centenar de persoas participaron nunha concentración en Praza Roxa na que se corearon diversas consignas, algunha delas con alusión ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

"Rueda, escoita, o ensino está en loita" ou "pola recuperación dos nosos horarios", foron algúns dos cánticos coreados na principal praza do Ensanche compostelán, onde se exhibiu unha pancarta que advertía que 'Ou profesorado non véndese'.

MANIFESTO

En todas as concentracións das urbes fíxose lectura dun mesmo manifesto que reflicte o "desmedido interese" da Xunta por "pechar en falso unhas negociacións que o profesorado galego viña demandando desde hai anos".

A non inclusión de prazos concretos para baixar o número de alumnos por aula nin do horario lectivo en Secundaria e FP supón, para o tres sindicatos asinantes do texto, "a renuncia" do resto de organizacións "a manter a palabra dada e a respectar o mandato das urnas sindicais".

CIG-Ensino, CSIF e STEG lamenta que se dese "por perdida" a oportunidade de recuperar as 21 horas en Primaria e Infantil e as 18 en ESO e Bacharelato, que era a carga lectiva previa ao ano 2011, cando sucederon "os maiores recortes executados por unha administración educativa en todo o Estado".

Profesores concéntranse contra o acordo de baixada de cocientes e horarios en Praza Roxa, Santiago de Compostela.
Profesores concéntranse contra o acordo de baixada de cocientes e horarios en Praza Roxa, Santiago de Compostela. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 S. Miranda

Canto menos traballan menos queren traballar.