Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 17:18
A deputada de Normalización Lingüística da Deputación coruñesa, Soidade Agra, asinou un convenio de colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Agrupación Cultural Correlingua para o financiamento dos proxectos 'A liña do galego' e 'Na casa, na escola, bota a lingua fóra!'. O obxectivo destes convenios é contribuír, desde a entidade provincial, "á normalización da lingua galega e fomentar o seu uso, mediante o apoio a iniciativas sociais normalizadoras, así como á existencia e difusión de contidos en lingua galega".
No caso da Mesa, a área de Normalización Lingüística da Deputación financia o 80 % do programa 'A liña do galego', unha ferramenta que, por vía telefónica e tamén a través dunha App, ofrece á poboación "a posibilidade de avanzar no dereito a vivir en galego dunha forma sinxela e rápida". Doutra banda, a entidade provincial apoia ao Correlingua no seu obxectivo de incentivar o uso oral do galego e a súa normalización como medio de comunicación habitual entre os mozos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.