Son 29 as comarcas veterinarias nas que se notificaron focos de enfermidade hemorráxica epizoótica

É unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa e non afecta ás persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Xunta declarou a detección de 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia pertencentes ao catro provincias. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga, Arzúa, Cerdido, Santiago e Santiso; e tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol, en Baralla e Antas de Ulla. Tamén se detectaron dous novos focos na provincia de Ourense, nos concellos de Melón e en Vilar de Barrio; e un en Pontevedra, no concello da Estrada. Cos 11 focos declarados este mércores, son 29 as comarcas veterinarias nas que se notificou focos desta enfermidade en Galicia.

A EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides spp.Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Por tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao non existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, esta doenza non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal destes animais.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta