Un total de 820 centros escolares benefícianse este curso do programa para mellorar as bibliotecas

O obxectivo é mellorar estes espazos, mediante a renovación dos seus recursos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) beneficia este curso a 820 centros educativos, 28 deles de nova incorporación, segundo avanzou a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. A representante da Consellería de Educación destacou "o importante" apoio do Executivo autonómico aos colexios e institutos que participan no programa, que recibe un total de 1,5 millóns de euros para mellorar eses espazos educativos.

Judith Fernández destacou que as bibliotecas exercen "un papel fundamental" para mellorar as competencias académicas dos mozos á vez que contribúen a reforzar a calidade do conxunto do sistema. Ademais, segundo informou a Xunta, destacou a aposta polo rural nesta convocatoria e pola adquisición de materiais en lingua galega e dos destinados á atención da diversidade. O obxectivo é mellorar estes espazos, mediante a renovación dos seus recursos, para impulsar a compresión lectora, o uso das bibliotecas como laboratorios creativos de aprendizaxe ou o estímulo do hábito lector entre toda a comunidade educativa.

CENTROS DE NOVA INCORPORACIÓN

Os 28 centros de nova incorporación --15 na provincia da Coruña, catro na de Lugo, dúas na de Ourense e sente na de Pontevedra-- poderán actualizar os fondos documentais da súa biblioteca escolar, renovar o mobiliario e adquirir novo equipamento. No caso dos centros que renovan o programa, reciben axudas para fondos, para renovar mobiliario e outros equipamentos, ou para gastos de funcionamento, en función do seu ano de incorporación ao programa. Ademais, todos eles reciben formación específica, así como asesoramento mediante a asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.

Contacontos e manualidades na Biblioteca Municipal de Verín.
Contacontos e manualidades na Biblioteca Municipal de Verín. | Fonte: Prensa Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta