@totakeki: "Nunca esquecerei esa imaxe de todo o marisco morto"

A mariscadora Merce é a nosa seguinte convidada a Laretando!

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Como é ser muller e mariñeira? Merce, coñecida como Totakeki nas redes, aproveita esa visibilidade que dan estes espazos para dar a coñecer como e o seu traballo de mariscadora na ría de Muros e Noia e para falar de tradicións e costumes galegos, o que fixo que se convertera nunha das creadoras de contigo galegas máis recoñecidas na actualidade.

Duodécimo episodio de Laretando con @totakeki
Duodécimo episodio de Laretando con @totakeki

No seu episodio de Laretando falamos do traballo do mar, pero tamén profundamos na súa faceta como streamer en Twitch, da súa afección polo Dépor e a eterna rivalidade entre o equipo herculino e o Celta e do verdadeiro protagonista do seu perfil, o seu pai (ou mellor dito, 'el suegro').

Episodio xa dispoñible en YouTube, Spotify e Podgalego. Non o perdades!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta