Sen espazo no móbil? A UVigo investiga unha tecnoloxía que multiplicará por 10 a capacidade de almacenamento actual
O proxecto europeo Fastcomet arrincou esta semana con socios de Bélxica, Francia e España. O catedrático Luis Liz Marzán, director do recén estreado Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticos, apunta que será preciso que as nanopartículas se fabriquen "cunha pureza exquisita".