Disólvese un dos principais partidos independentistas de Galicia

NÓS-UP anuncia a súa disolución tras 14 anos de existencia para “avanzar cara a unha unidade da esquerda patriótica”. Asociacións xuvenís independentistas e nacionalistas anuncian un acto conxunto no Día da Patria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/06/2015 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

"En momentos históricos extraordinarios como o actual é necesario avanzar cara a unha unidade da esquerda patriótica como unha necesidade ineludible e urxente". Esta é unha das explicacións dadas por Nós-Unidade Popular, a formación independentista máis importante de Galicia ata o momento, para anunciar a súa disolución.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011

Unha medida que chega logo de 14 anos de traballo pola “independencia e socialismo para o pobo galego” e dun “proxecto de liberación nacional, social e de xénero" tras a decisión que adoptaron os militantes na súa VIII Asemblea Nacional que tivo lugar a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. 

Damos por esgotado o ciclo político iniciado pola organización na asemblea constituínte de xuño de 2001”, apuntan nun comunicado no que suliñan que o seu obxectivo, a partir de agora, é camiñar cara unha “unidade” das forzas nacionalistas de esquerda. Por iso, apostan por un Día da Patria “unitario en coordanadas soberanistas e de esquerda”.  

Unha reclamación que tamén fixeron este xoves organizacións xuvenís e estudantes da esquerda nacionalista galega nun acto na Praza de Praterías. Entre esta entidades estaban AGIR, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira que, nun manifesto conxunto, apostaron por unha manifestación xuvenil unitaria con motivo do 25 de xullo, baixo a lema 'A mocidade galega pola independencia. Venceremos nós!'.

Nós-UP formouse en 2001 pola unión de organizacións independentistas de carácter comarcal, incluíndo militantes da organización comunista Primeira Linha. A súa asemblea fundacional. en 2001, culminou o chamado Processo Espiral. Un dos seus históricos dirixentes foi Carlos Morais.

Unha das pintadas de Nós-UP
Unha das pintadas de Nós-UP

Este é o manifesto feito público este xoves por Nós-UP:

Quando se completam 14 anos desde a Assembleia Fundacional de NÓS-Unidade Popular, decorrida na nossa capital, Compostela, em junho de 2001, a mesma cidade acolheu hoje a nossa VIII Assembleia Nacional, de caráter extraordinário.

O ponto único da ordem de trabalhos foi a viabilidade desta ferramenta política construída durante todos estes anos ao serviço de um projeto de libertaçom nacional, social e de género que a totalidade de participantes continua a considerar vigorante.

No entanto, a reafirmaçom na necessidade de um projeto dessas caraterísticas nom impediu que a maioria da filiaçom e colaboradores/as assistente avaliasse criticamente a utilidade atual desta ferramenta política ao serviço de um desafio histórico como esse.

A VIII Asssembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular, reunida em Compostela a 20 de junho de 2015, considera esgotado o ciclo político iniciado pola nossa organizaçom em 2001.

Avaliando positivamente para o País e para o nosso povo o trabalho realizado pola nossa filiaçom, com os seus acertos, erros e experiências sempre ao serviço da causa nacional e de classe, acordamos a dissoluçom de NÓS-Unidade Popular.

É vontade unánime entre a filiaçom ativa da nossa organizaçom continuar a contribuir organizada e coletivamente para os objetivos políticos fundacionais de NÓS-Unidade Popular.

Deverá ser cada organizaçom da nossa esquerda nacional que avalie a sua própria trajetória e evoluçom futura no caminho de serviço ao povo trabalhador galego, se bem fazemos um apelo à reflexom sobre a situaçom de crise do projeto nacional galego e da sua esquerda patriótica.

 Em momentos históricos extraordinários como o atual, é necessário tomar decisons extraordinárias que permitam retificar e avançar. A unidade da esquerda patriótica é umha necessidade ineludível e urgente.

Como primeiro gesto nessa direçom e último gesto político da nossa organizaçom, a VIII Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular quer fazer público reconhecimento da iniciativa que nestes dias visa convocar um Dia da Pátria unitário em coordenadas soberanistas e de esquerda.

Se essa convocatória suprapartidária acabar por se verificar, contará com a participaçom coletiva do conjunto da que até agora foi filiaçom e base social de NÓS-Unidade Popular.

O nosso reconhecimento é neste momento para a entrega de todos os companheiros e companheiras, especialmente as que lamentavelmente já nom estám entre nós, que contribuírom para o trabalho político patriótico, feminista e de esquerda desenvolvido durante todos estes anos no seio da nossa organizaçom em prol da Independência e o Socialismo.

 Galiza, 24 de junho de 2015

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Fuco de Cambria

No estoy de acuerdo con eso de que nos deberíamos haber disuelto para así conseguir mejor nuestros deseos de libertad. No me parece muy normal que se diga eso cuando lo que necesitábamos todos es dotarnos de una herramienta de trabajo para conseguir nuestros propósitos. Me parece que la disolución de NÓS-UP es contradictoria en sus términos que ya conseguír un desarrollo muy permanente de trabajo y filiación política. Somos nosotros los que queremos una Galicia Libre y Soberana que nos permita mejor encauzar nuestro trabajo definitivo que se debe entender con la permanencia ineludible de nuestra organización que merecía un trato más vital y permanente ya que ha sido poco el tiempo "regalado" para nuestras siglas que tanto trabajo ha necesitado con esperanza e ilusión, Y CUANDO YA COMENZABA A DAR SUS FRUTOS CON EL ESFUERZO Y ENTREGA DE TODOS LOS QUE PARTICIPÁBAMOS EN ESTE PROYECTO. LA DISOLUCIÓN PREMEDITADA Y ENTREGUÍSTA.

9 Alberte

Hónrabos a todos os integrantes de NÓS-UP o paso que díchedes. Parabéns a todos vós. Porque eu penso que a madurez tinha que vir algún día. Estou con vós en moitas cuestións. Leo diarioliberdade moitas veces. Pero era preciso non seguer por estes vieiros que non levaban a ningures. Pero que saibades que aínda que desaparezades como organización, non desaparecedes de todo porque moito trabalho do que levades feito, forma parte de nós. E non fagades caso aos "adolescentes" que hai máis abaixo. Son eso, adolescentes desagradecidos. E máis nada. Grazas por este paso tan difícil para moitos e moitas.

8 Dingo

Millóns de galegos non dormen ante tan terrible pérdida. A xente camiña polas rúas triste e dorida, ja,ja,ja.

1 ConDeuseconDarwin

Un can tenta oubear, pero no canto de oubeos saen orneos. Os asistentes ao grande circo do feixismo, declaran que isa nova especie ten que formar parte do zoo que xa inclúe moitas especies "novas": a cabra hispánica que pasta no cannabis, o touro que non sinte dor polas banderillas, os burros feixistas que xa emigrados defendían ditadura, a galiña que se dopa con metílico, as ovellas que ván á guerra de Afghanistán cando ianquis e fillos da granbret arruinan o seu país, e os nacionalistas espanhois que fan perder milleiros de millóns a Espanha por ter goberno de esquerdas...Veña Dingo, entra no zoo.

2 Dingo

La pastilla, rapaz, la pastilla, bajo prescripción facultativa.

3 ConDeuseconDarwin

A pastilla non é o que che dan a ti para facerte pasar por galego-falante? Polo que se ve, hoxe non cha diron. Veña Dingo, vai pastar ca cabra hispánica, saúda da miña parte a GB.

7 Isolacionista mon amour

Toda organización que sigue o lusismo remata por desaparecer, quitando a Agal subvencionada de Feijoo.

6 E Mr X dando leccións

A ver a quén lles botan agora o marrón, o estado terrorista expañol, dos auto atentados que soen acontecer preto das eleccións? Cecais a un grupo salafo-independentista de novo cuño. Facedes ben, diante da criminalización do independentismo por parte dos servizos das cloacas do réxime monarca-franquistas. Dos presos políticos galegos, sen mais probas que a "figura de arrepentido" que polo troco de declaración vai ver reducida a condea de 17 a 3 anos. Das torturas do réxime tantas veces condeadas pola ONU. val a pea reflexionar, orgaizarse e unirse a outras forzas para loitar pola independencia e anticapitalismo, contra un réxime putrefacto que se desmoroa.