Disólvese un dos principais partidos independentistas de Galicia

NÓS-UP anuncia a súa disolución tras 14 anos de existencia para “avanzar cara a unha unidade da esquerda patriótica”. Asociacións xuvenís independentistas e nacionalistas anuncian un acto conxunto no Día da Patria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/06/2015 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

"En momentos históricos extraordinarios como o actual é necesario avanzar cara a unha unidade da esquerda patriótica como unha necesidade ineludible e urxente". Esta é unha das explicacións dadas por Nós-Unidade Popular, a formación independentista máis importante de Galicia ata o momento, para anunciar a súa disolución.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011

Unha medida que chega logo de 14 anos de traballo pola “independencia e socialismo para o pobo galego” e dun “proxecto de liberación nacional, social e de xénero" tras a decisión que adoptaron os militantes na súa VIII Asemblea Nacional que tivo lugar a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. 

Damos por esgotado o ciclo político iniciado pola organización na asemblea constituínte de xuño de 2001”, apuntan nun comunicado no que suliñan que o seu obxectivo, a partir de agora, é camiñar cara unha “unidade” das forzas nacionalistas de esquerda. Por iso, apostan por un Día da Patria “unitario en coordanadas soberanistas e de esquerda”.  

Unha reclamación que tamén fixeron este xoves organizacións xuvenís e estudantes da esquerda nacionalista galega nun acto na Praza de Praterías. Entre esta entidades estaban AGIR, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira que, nun manifesto conxunto, apostaron por unha manifestación xuvenil unitaria con motivo do 25 de xullo, baixo a lema 'A mocidade galega pola independencia. Venceremos nós!'.

Nós-UP formouse en 2001 pola unión de organizacións independentistas de carácter comarcal, incluíndo militantes da organización comunista Primeira Linha. A súa asemblea fundacional. en 2001, culminou o chamado Processo Espiral. Un dos seus históricos dirixentes foi Carlos Morais.

Unha das pintadas de Nós-UP
Unha das pintadas de Nós-UP

Este é o manifesto feito público este xoves por Nós-UP:

Quando se completam 14 anos desde a Assembleia Fundacional de NÓS-Unidade Popular, decorrida na nossa capital, Compostela, em junho de 2001, a mesma cidade acolheu hoje a nossa VIII Assembleia Nacional, de caráter extraordinário.

O ponto único da ordem de trabalhos foi a viabilidade desta ferramenta política construída durante todos estes anos ao serviço de um projeto de libertaçom nacional, social e de género que a totalidade de participantes continua a considerar vigorante.

No entanto, a reafirmaçom na necessidade de um projeto dessas caraterísticas nom impediu que a maioria da filiaçom e colaboradores/as assistente avaliasse criticamente a utilidade atual desta ferramenta política ao serviço de um desafio histórico como esse.

A VIII Asssembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular, reunida em Compostela a 20 de junho de 2015, considera esgotado o ciclo político iniciado pola nossa organizaçom em 2001.

Avaliando positivamente para o País e para o nosso povo o trabalho realizado pola nossa filiaçom, com os seus acertos, erros e experiências sempre ao serviço da causa nacional e de classe, acordamos a dissoluçom de NÓS-Unidade Popular.

É vontade unánime entre a filiaçom ativa da nossa organizaçom continuar a contribuir organizada e coletivamente para os objetivos políticos fundacionais de NÓS-Unidade Popular.

Deverá ser cada organizaçom da nossa esquerda nacional que avalie a sua própria trajetória e evoluçom futura no caminho de serviço ao povo trabalhador galego, se bem fazemos um apelo à reflexom sobre a situaçom de crise do projeto nacional galego e da sua esquerda patriótica.

 Em momentos históricos extraordinários como o atual, é necessário tomar decisons extraordinárias que permitam retificar e avançar. A unidade da esquerda patriótica é umha necessidade ineludível e urgente.

Como primeiro gesto nessa direçom e último gesto político da nossa organizaçom, a VIII Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular quer fazer público reconhecimento da iniciativa que nestes dias visa convocar um Dia da Pátria unitário em coordenadas soberanistas e de esquerda.

Se essa convocatória suprapartidária acabar por se verificar, contará com a participaçom coletiva do conjunto da que até agora foi filiaçom e base social de NÓS-Unidade Popular.

O nosso reconhecimento é neste momento para a entrega de todos os companheiros e companheiras, especialmente as que lamentavelmente já nom estám entre nós, que contribuírom para o trabalho político patriótico, feminista e de esquerda desenvolvido durante todos estes anos no seio da nossa organizaçom em prol da Independência e o Socialismo.

 Galiza, 24 de junho de 2015

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 Txumino

E que hai da noticia do discurso de Pablito contra Izquierda Ilusionada de ter tantos parlamentarios con tan poucos votos..., deles claro....

4 antón de guizán

Agardemos que a secta UPG tome a mesma decisión

1 Antxón de Fumetán

Antxon de paspán dixit...

3 Dona

Grande nova, um outro partido fascista menos na Galiza.

1 Aquenoteatreves?

A mellor nova sería que vós, os inorantes, asesinos e ladróns herdeiros do franquismo, tivérades un fin mellor. Eles van a integrarse con outras forzas; a vós ninguén vos quere. HOXE OU MAÑÁ, neste mesmo fío, podo amosarche quen é o fascista xenocida, con fotos, probas...todo o que vós, falabaratos, non tedes para apoiar as vosas cantinelas de fanático que non razoa.

2 Aquenoteatreves?

Pono en dúbida, anda, e che podo amosar o lixo que sodes e o lixeira que andas co calificativo de "fascista" e o fresquiña que vas a estar con él.

2 eQMR

Ia ler o comunicado pero chego a el e comprobo que está escrito en lusofascista, e paso.

1 Akribéstaton

O único fascista é a estigmatização irracional duma práctica com a que não se concorda, primeiro e último recurso de quem não se atreve a mais.

1 Marc Marquez

Se o de NÓS marchou por un lado e o de Unidade Popular polo outro ¿Quén quedou co Vespino?

1 Berte

Ha, ha, ha. Que divertido es!!. Quen é capaz de aledarse da desaparición dunha organización galega non pode máis que denominarse suxo españolista.

2 LKI

Pois mire vostede que os que mais se aledan disto son os do MGS, marca branca da UPG dentro do Bloque, que non disimulan para nada a sua ledicia nos seus perfis troll de twitter e facebook. Xa se sabe, a rio revolto, beneficio do liberado. (Captura de pantalla en processsss).

3 Decv

Pobre Carlos Morais, toda unha vida estragada pola incomprensión dos propios e alleos cando naceu destinado a ser o gran redentor da nazón galega e o artífice da disolución do vil patriarcado. Propoño que lle fagan una estatua nalgún lugar sobranceiro alí en Muiños, pero coa boca pechada para que non lle entren mais moscas.