Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 19:12
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na inauguración do congreso 'Enerdigital', sobre enerxía e dixitalización, que se celebra na Coruña entre hoxe e mañá e no que diferentes expertos da materia tratarán o tema da transición enerxética.
Formoso destacou que Galicia "é un territorio enerxético", cun enorme potencial nas enerxías renovables. "Somos a segunda comunidade con maior produción eólica do Estado e durante moitos días do ano pasado, fornecemos case a metade do consumo nacional", afirmou.
Segundo indicou, o obxectivo debe ser avanzar cara a unha independencia enerxética a través dun modelo de xestión verde, "no que a economía circular, a dixitalización e a transición enerxética sexan eixos estratéxicos na nosa provincia".
"É preciso garantir a viabilidade dos proxectos industriais estratéxicos para o futuro de Galicia, que requiren a garantía de subministración enerxética limpo e un prezo competitivo para, deste xeito, poder reter o talento e que a nosa mocidade non teña que marchar, despois dun gran esforzo económico e familiar, e desenvolver as súas ideas noutros países do mundo", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.