Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2023 | Actualizada ás 17:01
Case un milleiro de persoas participaron de forma presencial este domingo na XI edición de 'Camiño ao respecto' --camiñada en contra da violencia de xénero--. Aos asistentes en Santiago de Compostela sumáronse outros 9.000 que participaron de forma virtual.
A camiñada, encabezada pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e outros membros do Goberno galego, supuxo o colofón dos actos da Xunta polo 25N. "Seguiremos traballando para alcanzar esa cifra, que é vítimas cero", asegurou Rivo.
Este "percorrido simbólico" comezou ás 11,00 horas desde o Monte do Gozo e terminou na Praza do Obradoiro, onde a conselleira agradeceu a participación dos asistentes.
Así mesmo, Rivo apuntou que "non é unha cuestión de ideoloxía" e que a loita contra a violencia de xénero debe "ser traballada os 365 días do ano, cada un desde o seu ámbito, desde a prevención, a denuncia e o traballo en contra desta secuela que segue afectando lamentablemente a toda a sociedade".
Precisamente esta semana, o Parlamento de Galicia aprobou a nova Lei de Igualdade, que segundo explica a Xunta nun comunicado, "inclúe medidas concretas contra a discriminación de mulleres con discapacidade e para a promoción de espazos seguros e libres de violencia sexual ou de acoso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.