Baixan os ingresos de menores con virus respiratorio sincitial en Galicia despois da campaña de vacinación

As autoridades sanitarias avisan que aínda é cedo para dar datos definitivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2023 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que os primeiros datos da campaña en Galicia de inmunización pediátrica contra o virus sincitial (VRS) apuntan a que se reduciu o número de ingresos hospitalarios de menores e a gravidade dos casos. No entanto, afirmou que "aínda é cedo" para dar datos definitivos.

"A resposta dos pais e nais é francamente boa", recalcou, a preguntas dos xornalistas nun acto no complexo hospitalario coruñés (Chuac), sobre a campaña de vacinación que Sanidade comezou a finais do mes de setembro.

Segundo puntualizou, "o 97% dos pais de nenos que nacen agora aceptan a vacinación", unha porcentaxe que situou no 87% no caso de proxenitores cuxos fillos naceron antes. No caso dos que teñen menores con algún tipo de risco están vacinados "o 100%".

Cuestionado pola resposta asistencial, o titular de Sanidade dixo que "aínda é pronto para medila" e apelou á "prudencia". No entanto, avanzou que "os primeiros datos falan de redución dos ingresos de nenos que vacinamos e menor gravidade cando ingresan".

Estes resultados, indicou, son "coherentes co previsto", aínda que, advertiu que "tampouco sabemos se estamos en pico ou non e comparar co ano pasado, que foi complicado, non é fácil".

Bebé / Europa Press / Europa Press
Bebé / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta