Aberto o prazo para solicitar axudas para comprar taxis adaptados e de baixas emisións

A Xunta abrirá este xoves e ata o 14 de outubro de 2024 a convocatoria das axudas destinadas á adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO. O orzamento total para esta liña de subvencións alcanza os 500.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A Xunta abrirá este xoves e ata o 14 de outubro de 2024 a convocatoria das axudas destinadas á adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a orde de axudas dirixida aos titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en cartóns da serie VT-N. A liña para a compra de taxis adaptados e accesibles a persoas con mobilidade reducida está dotada con 290.000 euros, para a adquisición de taxis de baixas emisións hai unha partida de 142.000 euros, e os 68.000 euros ata completar o importe desta convocatoria destinarana para taxis de cero emisións.

Estes incentivos, que son compatibles entre se, ascenden a 10.000 euros para a compra de eurotaxis, a 4.000 euros para vehículos de cero emisións, e a 1.000 euros para taxis ECO. Os prazos de solicitude variarán segundo as diferentes liñas de axuda. Nas destinadas a taxis de emisións cero ou ECO poderán optar á subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 28 de febreiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.

Ás axudas para taxis adaptados á mobilidade reducida poderán acceder os vehículos que xa fosen adquiridos, en calquera momento, sempre que manteñan o compromiso da actividade, ao menos de cinco anos. Ademais, tamén poden solicitalas os vehículos novos que se adquiran con posterioridade. A data límite para a compra do vehículo será o 31 de outubro de 2024. Os beneficiarios da subvención asumen a obrigación de ter adscrito o vehículo á autorización de transporte da serie VT-N antes do 1 de xullo de 2025. O prazo de presentación de solicitudes empezará este xoves e esténdese ata o 14 de outubro de 2024.

Imaxe de arquivo da luz dun taxi
Imaxe de arquivo da luz dun taxi | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta