As bolsas para estancias artísticas en Estados Unidos poden solicitarse ata o 10 de xaneiro

A través delas, cinco novos que teñan conexión con Galicia (por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional) poderán completar os seus estudos en institucións culturais do país norteamericano cunhas bolsas que teñen como obxectivo fortalecer o sector cultural galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2023 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O prazo para solicitar as bolsas da Xunta e da Comisión Fulbright para ampliar estudos artísticos en Estados Unidos está aberto ata o 10 de xaneiro. A través delas, cinco novos que teñan conexión con Galicia (por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional) poderán completar os seus estudos en institucións culturais do país norteamericano cunhas bolsas que teñen como obxectivo fortalecer o sector cultural galego.

Segundo informou a Xunta, os interesados poderán solicitala mediante a páxina web de Fullbright, en febreiro comunicarán a preselección e a resolución final será entre marzo e abril. Os artistas que queiran optar a esta bolsa deben de ter nacionalidade española, estar vinculados a Galicia e ter o título superior de grao ou outro expedido por unha institución recoñecida que acredite a formación nunha disciplina artística, entre outros requisitos. Os candidatos deberán dispor dunha carta de acceso, invitación ou admisión dun centro estadounidense e ter coñecementos de inglés.

Taboleiro de aeroporto con saídas a cidades de Estados Unidos
Taboleiro de aeroporto con saídas a cidades de Estados Unidos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta