Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/12/2023 | Actualizada ás 11:11
A Audiencia Provincial de Ourense acollerá este xoves o xuízo contra unha muller para a que Fiscalía solicita dous anos de cárcere por apropiarse de case 12.000 euros das contas dunha comunidade de veciños que xestionaba como traballadora dunha inmobiliaria. Segundo o escrito do Ministerio Público, a acusada dispuxo para o seu propio patrimonio un total de 22.431,49 euros entre agosto de 2016 e xullo de 2019. Non entanto, de toda esta cantidade, xa devolveu 10.590 euros, polo que aínda faltarían 11.841,49 euros. A Fiscalía solicita para a muller dous anos de prisión por un suposto delito de apropiación indebida. Ademais, pide que abone a contía que lle falta por reintegrar, máis os intereses legais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.