O Belén que amosa o "holocausto" do pobo palestino

Está e San Antonio de Momán e o su cura párroco asegura que reflicte a "realidade do mundo actual".

Por Galicia Confidencial | Xermade | 13/12/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un nacemento que amosa morte. Así é este ano o Belén de San Antonio de Momán, en Xermade, onde o seu cura párroco, Luis Rodríguez, quere reflectir "a realidade do que está a pasar no mundo", especialmente en Medio Oriente coa invasión de Gaza por parte de Israel.

Belén de Momán adicado á invasión de Gaza po parte de Israel
Belén de Momán adicado á invasión de Gaza po parte de Israel | Fonte: remitida

"Se nacese hoxe, a familia de Nazaret fuxiría co seu fillo... este é o letreiro que xa está ao comezo do Nacemento...un portal de Belén destruído pola bombas", asegura o párroco que denuncia o "xenocidio" que os xudeus están cometendo co pobo palestino.

O Belén amosa as imaxes que se están vendo estes días en Gaza, unha escola destruída e unha nena palestina chea de sangue e fuxindo co seu libro. Despois un río como fosa común con cadáveres envoltos en teas brancas e pobos sen alimentos e só animais soltos...unha casa destruída cunha foto dunha nai da casa co seu neno morto.

"Cústame comprender a extrema violencia, a inhumana e tan prolongada opresión, que moitos gobernos de Israel, o actual de Benjamín Netanyahu máis que ningún, exerceu e exerce de maneira sistemática sobre o pobo palestino. Non o podo comprender senón como expresión de prepotencia, lexitimada nas crenzas relixiosas máis irracionais e apoiada pola hipócrita complicidade de non poucos países occidentais, con Estados Unidos á cabeza", di o párroco.

Por iso, no Belén tamén hai unha torre cun símbolo estadounidense "e o apoio a Netanyahu e onde se pon a súa colaboración ao xenocidio". Tamén un castelo cun rei Herodes coa cara de Netanyahu que recibe aos Magos "para dicirlles que volvan que quere coñecer a ese Mesías ( terrorista para el) e adoralo=MATALO e así mata a miles de nenos".  Na parede do Belén poden verse unhas fotos cunha nai en brazos co seu fillo asasinado e outra da Virxe María co seu Fillo en brazos tamén asasinado .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta