Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 13:18
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, elevará ao pleno unha moción para debate e votación na que insta o Goberno a "adoptar as medidas e modificacións lexislativas necesarias" para o recoñecemento de incapacidade permanente para traballadores do sector da extracción e transformación de pedra diagnosticados de silicose.
Tras a interpelación realizada esta semana á ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, o deputado nacionalista defenderá agora a moción relativa á aplicación de coeficientes reductores para a xubilación de traballadores de empresas de transformación mineral, posto que "os niveis de po e ruído son similares aos da industria extractiva".
Rego afirmou que "é hora de que o Goberno comece a dar pasos para resolver este problema e facer xustiza" e lembrou que o Congreso xa aprobara en 2009 unha proposición non de lei do BNG na mesma liña, a cal, "14 anos despois, a pesar das sentenzas xudiciais que recoñecen a equiparación, a Seguridade Social segue sen recoñecer o problema".
O deputado do BNG tamén avanzou que o Executivo central "debe revisar os actuais coeficientes reductores asignados" para que se equiparen os das categorías de minaría exterior e interior regulados no Real Decreto 2366/1984.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.