Produtores ecolóxicos presentan demandas contra Medio Rural despois de quedaren fóra das axudas de 2022

Proecogal lamenta ter que recorrer á xustiza para reivindicar estas axudas que "só requirían unha maior inxección económica" para a súa adxudicación, no que identifica cun "boicot" da Xunta á produción ecolóxica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Plataforma de produtores e produtoras de ecolóxico de Galicia (Proecogal) informa de que os seus socios presentaron demandas no xulgado do contencioso-administrativo contra a Consellería de Medio Rural tras recibir a denegación dos seus recursos pola decisión "unilateral" da Xunta de non pagar axudas comprometidas ao sector ecolóxico en 2022.

Nun comunicado, esta plataforma sinala que o número de demandas vai á alza porque continúan chegando comunicacións de denegación de subvencións a varias explotacións.

Así, Proecogal lamenta ter que recorrer á xustiza para reivindicar estas axudas que "só requirían unha maior inxección económica" para a súa adxudicación, no que identifica cun "boicot" da Xunta á produción ecolóxica.

Así mesmo, pide un "xiro de 180 graos" das políticas actuais da Consellería de Medio Rural e que cumpra cos obxectivos establecidos para a produción ecolóxica, que conta con "gran potencial en Galicia". Ademais, remarca que unha campaña de recollida de firmas cultivou máis de 10.000 apoios.

Fotos Xunta/Medio Rural/Pleno. Xunta de Galicia
Fotos Xunta/Medio Rural/Pleno. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta