Guerra de logos entre Xunta e Goberno central a conta da rehabilitación do Castelo de Monterrei

O Goberno critica a "deslealdade" da Xunta por "excluílo" da firma das obras da fortaleza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, criticou a actitude de "deslealdade" da Xunta no acto de firma das obras do Castelo de Monterrei, que empezarán o próximo mes. Segundo o subdelegado, a firma foi a "contrarreloxo" e excluíu ao Goberno de España de forma "premeditada".

"A Axencia de Turismo de Galicia parece arrogarse un protagonismo excesivo, precisamente o mesmo día da convocatoria das eleccións autonómicas", lamentou o subdelegado. Emilio González explicou nun comunicado que a Delegación non foi convidada e que a cartelaría non incluía o logo do Goberno de España do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, como debía ser "procedente".

Lembrou así que é o Executivo estatal quen investiu "máis de 14 millóns de euros" a través dos fondos europeos e non a Xunta, que non desembolsou "nin un só euro".

Mobilización en contra da privatización do Castelo de Monterrei  / facebook.com/comarca.demonterrei
Mobilización en contra da privatización do Castelo de Monterrei / facebook.com/comarca.demonterrei

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta