Temas: FRASEOLOXíA

“Saber como pelan as papas # o que pelan as papas”, equivalente, entre outros, ao castelán “saber lo que vale un peine”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 24/12/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Para dar a entender que alguén vai coñecer a parte desagradable ou incómoda de algo que en principio non parecía tal, ou –normalmente a xeito de ameaza ou aviso– das consecuencias desfavorables que a alguén lle van traer as súas actuación, en castelán é frecuente escoitar (adaptado a cada enunciado concreto) iso de saber lo que vale un peine.

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo

En galego dispomos de fraseoloxismos equivalentes, como deseguido imos amosar:

Saber lo que vale un peine # cuántas púas tiene un peine && Enterarse de lo que vale un peine # de cuántas púas tiene un peine

{= Coñecer a parte desagradable ou incómoda de algo que en principio non parecía tal, ou mesmo –normalmente a xeito de ameaza ou aviso– as consecuencias desfavorables que poden resultar das súas actuacións.}

Saber como pelan as papas # o que pelan as papas

Saber o pan que coce o demo

Saber o pan do demo

[E MESMO]:

Saber o que vale a allada

Ver o demo

Ex.: Aprovecha mientras puedas, que como me nombren director del colegio te vas a enterar de lo que vale un peine.

Aproveita mentres poidas, que como me nomeen director do colexio vas saber vas saber como pelan as papas vas saber o que pelan as papas vas saber o pan que coce o demo vas saber o que vale a allada vas ver o demo.

● Tamén:

Saber lo que es bueno

Saber o que é bo

● E mesmo tamén, en certos contextos en que se transmite ameaza ou aviso, e asociado a rexistros máis familiares e populares:

(Saber o que é) Mexar en pingas

Ex.: Aproveita mentres poidas, que como me nomeen director do colexio vas (saber o que é) mexar en pingas.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta