Tres galegos a bordo dunha narcolancha en Senegal onde se comisou un alixo de cocaína

Case 700 quilos de droga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A Mariña Nacional de Senegal informou do comiso dun alixo de cocaína de case 700 quilos nunha narcolancha a bordo da que viaxaban cinco tripulantes, tres deles galegos.

O corpo marítimo do país africano informou, a través das súas redes sociais, da operación, que tivo lugar o pasado 22 de decembro a 220 quilómetros da costa. Unha das súas fragatas interceptou á planadora cando transportaba a droga, apuntan, en dirección a Europa. Aínda que tentaron desfacerse da mercadoría, esta foi finalmente recuperada e transportada a Dakar, onde tamén enviaron a planadora e ao cinco tripulantes.

Fontes próximas ao caso confirmaron a Europa Press que tres deles son de orixe galega, aínda que polo momento non dispoñen de máis información.

Cocaína comisada pola Mariña Nacional de Senegal. MARIÑA NACIONAL DE SENEGAL
Cocaína comisada pola Mariña Nacional de Senegal. MARIÑA NACIONAL DE SENEGAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta