Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 20:04
A voluntaria Isabel Rubinos Fernández, a Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame) e Solidariedade Intergeneracional foron os galardoados cos 'Premios Galicia de Acción Voluntaria'.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica os merecedores destes galardóns, que pon en valor o labor solidario de personasy organizacións durante este ano 2023. Así, o premio á persoa voluntaria do ano na modalidade individual para as persoas físicas recaeu en Isabel Rubinos Fernández, dada a súa traxectoria e participación en diferentesáreas de actuación acreditadas no ámbito do voluntariado.
Ademais, a Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame) fíxose co premio á entidade de acción voluntaria do ano. O premio ao mellor proxecto de acción voluntaria deste exercicio foi a parar a Solidariedade Intergeneracional polo seu proxecto 'CuentaconMigo', cuxo enfoque está centrado na atención a persoas maiores no medio rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.