Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/12/2023 | Actualizada ás 19:57
Unha moza tivo que ser trasladada ao hospital tras resultar ferida o desprendemento de iluminación do Nadal sobre unha rúa do barrio do Orzán, na Coruña.
Segundo informan os servizos de emerxencias, ocorreu pouco despois das 13,30 horas do mediodía deste mércores, cando varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar de que un destes adornos acababa de precipitarse sobre a beirarrúa.
Á parte de ferir á moza, tamén afectou a outra persoa, pero no seu caso non foi necesaria a atención sanitaria. Os xestores do 112 pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Local e á Policía Nacional. Do mesmo xeito, avisouse aos bombeiros da Coruña e a Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.