Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2024 | Actualizada ás 16:38
O Sindicato Labrego Galego (SLG) demandou que as axudas da Consellería do Medio Rural para os produtores de carne de vacún co selo 'Ternera Gallega' alcancen a todos os gandeiros "e non exclúa ás granxas de Suprema que non marcan en matadoiro".
Segundo explicou nun comunicado a organización agraria este martes, a prestación prometida pola Xunta "non podería ser percibida" polos produtores con animais marcados ao nacer dentro de categoría Suprema que despois "son distribuídos en circuítos curtos de comercialización" como, por exemplo, en venda directa a carnicerías locais ou restauración.
Estes animais, continúa o SLG, "en moitas ocasións non están a ser sacrificados" dentro da marca porque este segundo certificado que implica un desembolso económico "non achega ningún valor engadido ao produto".
Para o coordinador do sector vacún de carne no SLG, Brais Álvarez, esta axuda "é un exemplo máis da preocupante industrialización que están a tentar que teña o IGP Tenreira Galega, e en especial a Suprema".
Neste sentido, incidiu en que estas subvencións "vai esixir para poder cobrala que os animais sexan marcados co selo no matadoiro do IGP", algo que "só beneficia ás industrias" porque son as que "esixen este selo para poder comercializar a carne, cun valor engadido que a miúdo non repercute nos produtores".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.