Convocadas as axudas para o fomento de razas autóctonas galegas: vaca cachena, porco celta, galiña de Mos...

Concederanse a organizacións e asociacións de criadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2024 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural convoca as axudas por 220.000 euros para o fomento de razas autóctonas galegas en 2024, que se concederán a organizacións e asociacións de criadores. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves esta orde pola que poderán beneficiarse aquelas entidades recoñecidas oficialmente para a xestión do Libro Xenealóxico das razas bovinas cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa; a ovella galega; a cabra galega; o 'porco celta'; o cabalo de pura raza galega e a galiña de Mos.

O investimento procede de orzamentos da Xunta e do Ministerio de Agricultura. Serán subvencionables a creación ou mantemento de libros xenealóxicos e actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza. Segundo o censo a peche de 2022, a repartición en Galicia é a seguinte: 6.029 vacas de raza cachena, 2.958 de vianesa; 1.626 de caldelá; 1.577 de limiá; 947 de frieiresa; 5.385 ovellas galegas; 1.342 cabras galegas; 4.173 'porcos celtas'; 2.098 cabalos de pura raza galega e 21.466 galiñas de Mos.

Vacas cachenas da Facenda O Agro no monte
Vacas cachenas da Facenda O Agro no monte | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta