Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2024 | Actualizada ás 12:29
Un total de 40 centros educativos galegos participarán no programa 'Cinema con perspectiva' da Consellería de Cultura, Eduación, FP e Universidades desenvolvido en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FicBueu).
O obxectivo deste programa, que se enmarca na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, é educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas "presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual", segundo un comunicado da Consellería.
A actividade vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. Algúns dos centros proxectarán curtametraxes con temática de igualdade de xénero para, mediante un coloquio, fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades.
Outros centros realizarán un taller educativo para a creación dunha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero. Poderán ser curtametraxes, anuncios publicitarios, vídeos musicais ou entrevistas, entre outros formatos, que permitan ao alumnado comprender a realidade desta situación desde o enfoque dun proceso social "en construción" e de cambio "positivo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.