Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 07/01/2024 | Actualizada ás 12:00
Para dar a entender que alguén acada ou consegue o que pretende nada máis intentalo, e sobre todo se o leva a cabo sen apenas esforzo, en castelán é moi habitual botar man do fraseoloxismo llegar y besar el santo.
En galego, para dar conta dese mesmo significado, a expresión fraseolóxica quizais máis recorrente e empregada é chegar e encher. Mais tamén dispomos doutras que espremen ese mesmo contido, como imos ver a seguir.
Llegar y besar el santo
Llegar y besar
{= Ter alguén éxito no que pretende nada máis intentalo, nomeadamente cando o consegue sen apenas esforzo.}
Chegar e encher
Chegar e espetar
Chegar e apor # e apoñer
Ex.: Lo suyo fuel legar y besar el santo: entra en el descuento y el primer balón que toca lo convierte en gol.
O seu foi chegar e encher ‡ chegar e espetar ‡ chegar e apor: entra no desconto e o primeiro balón que toca convérteo en gol.
● Mesmo tamén, recolleitas por Vázquez Saco e reflectidas tamén nalgunha outra obra lexicográfica, se cadra por influencia castelá:
Chegar e bicar && Chegar e bicar o santo
● E inda tamén:
Llegar y triunfar
Chegar e triunfar
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Franco Grande, Xosé Luís: Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Ed. Galaxia, 1970.
- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/
- González Rodríguez, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.