Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 11:30
O prezo da vivenda de segunda man subiu en Galicia un 3% en 2023, ata situarse nos 1.368 euros o metro cadrado en decembro, sendo así a segunda rexión española onde menos crece, só por diante de Extremadura (+1,23%), segundo o informe anual de prezos de venda de 'pisos.com'.
Ademais, Galicia foi a quinta Comunidade máis alcanzable do país, só por detrás de Estremadura (819 euros o metro cadrado), Castela-A Mancha (876?/m2), Castela e León (1.221?/m2) e Murcia (1.249?/m2). No total de España, o prezo medio de venda foi de 2.160 euros o metro cadrado, un 8,86% máis que en 2022.
Por provincias, na Coruña a vivenda revalorizouse un 3,3% o ano pasado, ata 1.418 euros o metro, mentres que en Lugo o prezo dos pisos subiu un 0,63%, con 910 euros, do mesmo xeito que Pontevedra, onde aumentou un 4,83%, con 1.631 euros. Ourense foi a única rexión galega onde baixou, cun 4,09% menos, ata 915 euros.
En canto ás capitais de Galicia, na cidade da Coruña o prezo da vivenda de segunda man subiu un 5,39% en 2023, con 2.463 euros o metro, mentres que en Lugo creceu un 0,25%, ata 1.378 euros. En Ourense a subida foi do 2,55%, con 1.561 euros e en Pontevedra do 10,11%, ata 1.933 euros o metro cadrado. En cuestión de prezos, A Coruña (2.463 ?/m2) foi a duodécima capital máis custosa a nivel nacional. Lugo (1.378 ?/m2) ocupou o noveno lugar na listaxe nacional das máis alcanzables.
RENDIBILIDADE DA VIVENDA
Pola súa banda, o portal inmobiliario Idealista publicou tamén este luns un estudo sobre a rendibilidade da vivenda en 2023, situando este dato no 7,1% a nivel nacional, unha décima menos que en 2022.
Este documento tamén recolle cifras galegas, sinalando que na cidade da Coruña a rendibilidade da vivenda é do 4,8%, mentres que a das oficinas é do 7,4%, a dos locais do 7,6% e a dos garaxes queda no 4,3%. En Lugo, a vivenda produce un beneficio do 6,3%, mentres que os locais do 9,8% e os garaxes do 4,3% (idealista non dá datos de oficinas nesta cidade).
En Ourense e Pontevedra a rendibilidade da vivenda é do 5,8% e do 5,1%, respectivamente, mentres que a das oficinas é do 6,4% en Ourense e sen datos en Pontevedra; a dos locais é do 8,1% e do 7,7% e a dos garaxes do 3,3% e sen datos na cidade do Lérez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.