Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/01/2024 | Actualizada ás 21:56
O 13 de nadal un particular alertou ao 112 Galicia de que recollera varias bolsas de pellets de plástico entre Corrubedo e Porto do Son. É o primeiro rexistro "oficial" que se coñece da chegada masiva de microplásticos á costa de Galicia provocada pola perda dun colector por parte dun buque polaco o 8 de nadal en augas de Viana do Castelo. O 112 deu aviso pertinente a Salvamento Marítimo e Xunta que procedeu á recollida deses restos.
Pero, como é que desde ese 13 de nadal ata o día 4 de xaneiro, que foi cando a Xunta montou un operativo de limpeza ,non se fixera nada?. O Goberno galego responsabiliza ao central dunha mala comunicación, mentres que o Executivo de Pedro Sánchez insiste en que a Xunta sabía das verteduras pero non quixo facer nada en plena época do Nadal.
Para entender quen di a verdade ou a mentira hai que remontarse ao 20 de decembro. Ese día, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou telefonicamente á Xunta sobre a posible relación entre os pellets achados na costa galega e a perda de colectores por parte do cargueiro Toconao o 20 de decembro, aínda que non emitiu un correo electrónico con esta información ata o pasado 3 de xaneiro.
Fontes do Ministerio de Transportes insisten en que comunicación telefónica consta no SIGO, documento que recolle todo o relativo a calquera incidencia. Deste xeito, o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra informou de que os xestores do Toconao avisaran de que un dos colectores perdidos en Viana de Castelo (Portugal) levaba pellets de plásito e así llo traslada ao Capitán Marítimo de Vilagarcía (Pontevedra).
CAPITANÍA MARÍTIMA E CSS DE FISTERRA, AVISADOS
Ese mesmo día, segundo as mesmas fontes, o CCS de Finisterre tamén informa de que o representante do buque, Antonio Quirós, ponse a disposición para coordinar as medidas de seguimento e engade que se informa diso tanto a Capitanía Marítima como ao subdirector do Servizo de Gardacostas de Xunta de Galicia.
O 21 de decembro, o Capitán Marítimo de Vilagarcía informa a Delegación do Goberno e Demarcación de Costas de Coruña da identificación da orixe de pellets achados na costa galega e engade que o representante do Toconao, que "é o buque que puido ser o responsable", púxose en contacto co xefe do CCS. Finalmente, sinala que reenvía os datos do representante por se fosen de interese, e ofrece colaboración desde a administración marítima local.
A Xunta, con todo, non considera oficial esta comunicación, por tratarse dun whataspp, segundo sinalan fontes do goberno galego. Concretamente, apuntan que a comunicación se limitaba a indicar: "Boas tardes, muy probalbe pérdida de portacontedores, 6, a través de Viana el --día-- 8. Estamos en contacto con el". Mentres, o correo electrónico coa información remitiuse á Xunta o 3 de xaneiro, quince días despois de recibir o mail do armador.
PERDA DE CARGA E PELLETS
Pero antes dese 20 de decembro xa houbera varios avisos. O primeiro deuno a Dirección de Recursos Naturais, Seguridade e Servizos Marítimos de Portugal o día 8 de decembro, cando emitiu un informe sobre a perda de seis colectores fronte ás costas de Viana do Castelo, unha información que se trasladou, ademais de as autoridades portuguesas, á Axencia Europea de Seguridade Marítima e ás autoridades españolas.
Cinco días despois, o 13 de decembro, tanto a Xunta como o Executivo central recoñecen que tiveron coñecemento da chegada de pellets a distintas praias galegas. Foi a través da chamada dun particular, que alertou ao 112 Galicia de que recollera varias bolsas destes elementos plásticos na costa entre Corrubedo e Porto do Son. O 112, á súa vez, informou telefonicamente a Salvamento Marítimo do achado de pellets e de que se mobilizaron medios para a súa limpeza.
A diverxencia dáse, no entanto, no momento no que o Goberno central e a Xunta tiveron coñecemento da relación entre os pellets que aparecían nas praias e a súa posible orixe, un colector no que viaxaban algo máis de 26 toneladas deste produto dentro do Toconao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.