A Xunta insta a expulsar dunha disco a un agresor sexual ou, senón, chamar á Policía

Pretende protocolizar as agresións sexistas no ocio nocturno para aqueles locais que queiran facer visible nas súas portas un logo onde se indique que cumplen con este protocolo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizou na súa reunión deste xoves o 'Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas', que aspira a profundar na prevención, detección e erradicación da violencia nos espazos de lecer nocturno como discotecas, salas de festa, pubs ou cafés-concerto, entre outros.

De detallar o contido encargáronse tanto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, quen remarcou que o protocolo terá que ser asumido por todo o persoal --desde o de barra ao de seguridade-- dos establecementos que se adhiran.

"Vai dirixido a previr todo tipo de agresións e determinar como actuar ante un caso", explicou o presidente galego na roda posterior ao Consello da Xunta, antes de dar a palabra a Rivo, quen destacou que se actúa en varios ámbitos: desde erradicar accións publicitarias sexistas --como as bonificacións en forma de bebidas para mulleres--, como na prevención e na detección de condutas violentas.

E unha vez recoñecidos os comportamentos violentos, fíxase unha serie de pactas para actuar, empezando por "priorizar" a atención ás vítimas. A continuación, páutase identificarse como persoal do establecemento, non interrogar á vítima e evitar --sempre que o desexe-- que quede soa.

En canto aos agresores, páutase avisar ás forzas de seguridade se é precisa a súa actuación e así o pide a vítima ou ben expulsalo do establecemento deixando claro que se trata dun local onde "non se tolera a violencia". "O obxectivo" para a Xunta é "seguir facendo de Galicia un lugar seguro e dar ferramentas contra a violencia, sexa do tipo que sexa".

"TOLERANCIA CERO"

Rivo destacou que o documento é resultado dun proceso participativo no que se tiveron en conta as achegas do Observatorio contra a Violencia de Xénero e do Observatorio LGBTIQ , ademais das entidades representativas do sector do lecer noctura.

Co reto da "tolerancia cero" a estas violencias, Rueda subliñou que o protocolo axudará a todos os establecementos que se queiran adherir --será posible a partir deste venres--. Todos os traballadores deberán coñecelo e os locais adheridos "contarán cun logotipo" coa lema Agresión OFF violencias "para que os clientes saiban que se trata dun local cun protocolo".

Máis en detalle, Rivo reiterou que o marco promoverá que os establecementos desenvolver iniciativas propias de prevención e sensibilización. E, ademais, os establecementos adheridos comprométense a non contar con publicidade ou criterios de acceso ao local discriminatorios e sexistas como prezos diferenciados para homes ou mulleres ou bonificacións en forma de bebidas para as mulleres.

MANIFESTACIÓNS VIOLENTAS

En canto á detección, bríndanselles ás profesionais pautas para recoñecer manifestacións violentas, ben relacionadas coa presenza de imaxes ofensivas no recinto, como coa linguaxe sexista ou de contacto físico ou intimidatorio. Nesta liña, Rivo explicou que a Xunta financiará un curso de dez horas de formación para todo o persoal dos locais adheridos.

En caso de ter que actuar, o protocolo ofrece pautas comúns para seguir por parte dos profesionais, que centran a atención na vítima ante unha situación potencialmente perigosa. Actuar con calma, de maneira inmediata, preservar a confidencialidade, acompañar ou informar os recursos con que conta a persoa agredida son algúns dos aspectos protocolizados no documento.

Todos os establecementos de lecer nocturno que queiran adherirse a este protocolo poderán facelo desde este venres, 12 de xaneiro de 2024, a través da páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade (https://igualdade.xunta.gal).

CONCERTO SOCIAL

Noutra orde de asuntos, o Goberno galego deu luz verde a unha nova convocatoria de concerto social, neste caso no ámbito da familia e a infancia, para o desenvolvemento do programa de acollida residencial de nenos e adolescentes en fogares residenciais e casas de familia.

A Xunta destinará 75,2 millóns de euros desde este ano ata 2027 para consolidar unha rede pública de 475 prazas de atención a menores de idade que están baixo a garda ou tutela da Administración autonómica.

Novos lucenses gozan da festividade de San Froilán nos locais e discotecas da zona
Novos lucenses gozan da festividade de San Froilán nos locais e discotecas da zona | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta