Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 18:08
A asociación Fademga Plena Inclusión Galicia aplaudiu a reforma do artigo 49 da Constitución que eliminará o termo "diminuído" para as persoas con discapacidade. Nun comunicado, sinalan que se trata dunha reforma "amplamente reclamada" polas organizacións de discapacidade representadas polo Cermi "e en consonancia co mandato da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade".
"Trátase dun acontecemento histórico, que custou anos conseguir, e que é totalmente necesario para o noso colectivo, xa que dignifica a todas as persoas con discapacidade e inclúe modificacións importantes referidas ao desenvolvemento de políticas e lexislacións, contando coas organizacións e coas propias persoas con discapacidade", destacou o presidente da asociación, Eladio Fernández.
A vicepresidenta de Plena inclusión e muller con discapacidade intelectual, Maribel Cáceres, tamén se pronunciou e indicou que é "moi importante a alusión á accesibilidade universal, unha dereito clave que serve para lograr outros moitos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.